O Festival Ortigueira preséntase este mércores en Madrid

Un ano máis a Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur, é o lugar elixido para presentar a nova edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Dos 1.293 metros cadrados que Turgalicia terá para promocionar o turismo galego, Ortigueira ocupará un bo espazo. De feito, o vindeiro mércores 18, o mesmo día da inauguración do evento, o Festival de Ortigueira fará a presentación oficial dalgunhas das novidades que este ano poderán ver os festivaleiros que se acheguen á vila ortegana.

Unha das novidades xa a coñecemos. O Festival terá lugar unha semana despois do que viña a ser habitual nos últimos anos, para así facilitar a asistencia dos estudantes universitarios. Deste xeito, a edición do 2012 serán os días 12, 13, 14 e 15 de xullo.

Conforme se vaia coñecendo algo máis ireivos informando. Polo momento, deixovos un vídeo dun grupo que descubrín hai ben pouco. Chámase Kasír e son tres rapaces daneses que comezaron a súa andaina na música celta hai escasos cinco anos. O seu estilo poderíase definir como “música popular irlandesa contemporánea” grazas ao contacto que os tres membros do grupo tiveron sempre con outras músicas como a folkórica, a clásica ou o funk  e o rock. Así, os danesese Kasír, aínda que contan no seu repertorio con obras tradicionais, crean as súas propias cancións con ese estilo tan marcado.

Publicado en Novas, Quentando motores... | 2 Comentarios

Stolen Notes presenta ao seu novo guitarrista

Hoxe o grupo andaluz Stolen Notes, gañadores da pasada edición do Proxecto Runas, presentaron ao seu novo guitarrista, Koke Folgueira, vía Facebook. Nesta presentación déronlle “as grazas a Juanma Redondo polas súas aportacións ao grupo todos estes anos”.

Así, Koke Folgueira, asturiano afincado en Cádiz, guitarrista e bouzukista, fundador de
grupos como Baladrán, Boj ou Sete Raposos,  incorpórase á primeira banda confirmada da vindeira edición do Festival Ortigueira.

Stolen Notes, formado por Alejo Parra á gaita irlandesa, Jose Moreno ao bodhrán e á frauta Wtson, Juan J. Almaraz á frauta irlandesa e, dende hoxe, por Koke Folgueira á guitarra e ao bouzuki, reinterpretan unha coidada selección de melodías tradicionais irlandesas e doutros países do Arco Atlántico, pero sempre moi actualizadas. Ademáis, tamén incorporan composicións de seu, algo que de seguro poderemos ver no seu vindeiro traballo, un traballo no que xa están postos en marcha.

Publicado en Novas, Quentando motores... | Deixar un comentario

Xa temos data para o Festival Ortigueira 2012

Boas tardes a todos!

Despois de varios meses volvo para dárvos a que creo será unha boa noticia. E é que xa hai data para a nova edición do Festival Internacional de Música Celta de Ortigueira. A vila encherá as súas rúas de música os días 12, 13, 14 e 15 de xullo de 2012.

A nova data será unha semana máis tarde do que viña a ser habitual. Con isto, a organización intenta facilitar a asistencia de estudantes universitarios, tendo en conta que as tres universidades galegas rematarán os seus períodos de avaliación o sábado 14 de xullo. Non cabe dúbida de que continúan a ser uns días moi próximos aos exames, pero agora o que queda é aplicarse ben e así poder achegarse a Ortigueira a formar parte da que será a XXVIII edición do Festival Internacional de Música Celta.

A banda andaluza Stolen Notes, gañadora do Proxecto Runas 2011, é a primeira confirmada. Subirase ao escenario Estrella Galicia probablemente o día 14, un día no que, de seguro, tamén estarán en Ortigueira grandes músicos do folk e do celta.

Sen máis, agora o único que podemos facer é comezar coas apostas, procurar as xiras das mellores bandas e así poder configurar o noso particular programa para Ortigueira 2012. Eu, fareino.

Publicado en Novas, Quentando motores... | Deixar un comentario

Lembranzas

Tempo de recordar a memorable actuación do acordeonista Kepa Junkera no ano 2007 en Ortigueira. O seu xa mítico “Bok Espok” facía brincar aos milleiros de folkies que enchían a Alameda da vila. Ese mesmo ano compartía cartel cos desaparecidos anglo-irlandeses Flook, un grupo encabezado polo frautista Brian Finnegan, que é agora recoñecido por todos nós por participar este mesmo ano en Ortigueira da man da Brian Finnegan Big Band. Foi curioso que na actuación deste ano Finnegan quixo que os festivaleiros volvesen, dalgún xeito, a esa edición do 2007; e é que, acompañado pola súa banda, o frautista tocou ese tema que hai catro anos fixera vibrar a Ortigueira: o “Bok Espok” de Kepa Junkera.

Non foi esa a única vez que o bilbaíno estivo en Ortigueira. No ano 2002 Kepa Junkera chegaba ao noso Festival para actuar nun escenario no que tamén estarían os galegos Berrogüetto e Carlos Núñez, ademais do maxestuoso Liam O’Flynn e os Gaiteiros de Lisboa (entre outros). Gran programación a desa edición e un  Proxecto Runas no que outros andaluces (coma este ano) se facían co galardón. Os xa soados en Ortigueira Rarefolk lograban convencer ao xurado dese ano e, dalgún xeito, convencer á organización, xa que a pasada edición volvían a Ortigueira para pechar a derradeira noite de música na vila.

Pero a primeira vez que Kepa Junkera chegaba a Ortigueira foi no 1996, soamente un ano despois de que o Festival Internacional do Mundo Celta volvese a pórse en marcha. Nesa XII edición tamén debutarían os escoceses Shooglenifty, que volverían a Ortigueira no ano 2003 e 2010, e o mestre solista irlandés Mick O’Brien, que estaría tamén no 1997.

A Kepa Junkera coa súa visita no ano 2002 a Ortigueira “non lle quedou máis remedio que compoñerlle e adicarlle un tema” á nosa vila. Dese xeito, no ano 2003 no seu álbume “K” poderíase escoitar “Ortigueira Dantza”.

Canto teremos que esperar para bailar ao son de “Bok Espok” ou “Ortigueira Dantza”? Esperemos que non moito.

Publicado en Arte en Ortigueira, Máis aló de Ortigueira | Deixar un comentario

Capítulo 5: ambiente en Morouzos e Luar na Lubre

Novo vídeo de Bruno Area do sábado na praia e a proba de Luar na Lubre.

Publicado en Novas, O Festival a fondo | Deixar un comentario

Remata a XXVII edición do Festival do Mundo Celta

O grupo galego The Crass foi o encargado de pechar as actuacións do escenario EstrellaMaría Quintiana Galicia deste ano. Ante un recinto da Alameda ateigado de xente, os The Crass puxeron o punto e final ás xornadas de festa na vila. Ademais, os debutantes en Ortigueira, The Elders e as irmáns Searson, animaron a boa noite que se quedou  na vila ortegana.

Pero Luar na Lubre foron os máis aclamados da noite. Tanto cos seus novos temas de “Solsticio” coma cos anteriores, o grupo  levantou aos milleiros de folkies que se atopaban no recinto.

Remataban os grandes concertos pero a clausura desta edición volveu ser da man do desfile de bandas polas rúas da vila ás 12 horas da tarde. Un desfile para o que chegaron bandas de Ourense, Ferrol e Asturias, entre outros.

 

Publicado en Novas, O Festival a fondo | Deixar un comentario

Ortigueira baila ao son de Luar na Lubre

María QuintianaA Alameda está ateigada de xente. Con Luar na Lubre no escenario o único que se escoita son os berros dos milleiros de folkies que están na derradeira xornada do Festival. O público está moi animado e Luar na Lubre aínda os está a animar máis. Xa o grupo Rua Macmillan Trío preparou ben o ambiente unha hora antes. Pero o grupo de “Tu gitana” estano a dar todo no escenario e iso nótase.

Ortigueira, nestes intres, baila ao son de “A saia da Carolina”.

Publicado en Concertos, Espectáculos, O Festival a fondo | Deixar un comentario

Capítulo 4: o venres da Escola de Gaitas e Berrogüetto

Bruno AreaFaltan escasos minutos para que dea comezo a derradeira noite de música en Ortigueira. Agora si que está todo a punto. Os escoceses Rua Macmillan Trío están a afinar os seus intrumentos para subir, en breves instantes, ao escenario Estrella Galicia.

Déixovos un vídeo de Bruno Area que resume a xornada de onte, sobre  todo a actuación da Escola de Gaitas de Ortigueira.

Publicado en Concertos, Espectáculos, O Festival a fondo | Deixar un comentario

Todo listo para a derradeira noite de festa

Bruno AreaA Praza de Isabel II baila ao son da “Rumba para Susi”, e é que a Banda de Gaitas de Robaleira de Cedeira está a ofrecer un concerto na céntrica praza. Os que se acheguen ata alí poderán disfrutar de gaitas e tambores, acompañados de acordeón e, de vez en cando, ata un teclado. Un bo son para pasar esta soleada tarde en Ortigueira e para abrir boca do que será esta noite a derradeira xornada de festa no Estrella Galicia.

Mentres as bandas de gaitas lle puñan a banda sonora ás rúas da vila, o escenarioBruno Area principal estaba en plenas probas de son. Comezaban a primeira hora da tarde os galegos The Crass, seguidos de Searson e The Elders. E neste mesmo momento son os galegos Luar na Lubre os que están no escenario poñendo todo a punto para que, en poucas horas, arranque o que será unha gran noite en Ortigueira.

Bruno AreaEstá todo preparado, as rúas están ateigadas de xente e a acampada de Morouzos outro tanto. A entrada en Ortigueira en coche comeza a ser un pouco lenta pero non vos preocupedes, a espera asegúrovos que valerá a pena.

Vinde á derradeira noite do Festival do Mundo Celta de Ortigueira.

Fotos: Bruno Area

Publicado en Arte en Ortigueira, Concertos, Novas, O Festival a fondo | Deixar un comentario

Gran noite de música

Bruno AreaSe onte vos dicía que a Escola de Gaitas de Ortigueira arrasara co seu concerto, os outros galegos da noite non se quedaron detrás; e é que Berrogüetto saiu triunfante do escenario Estrella Galicia. Foron case dúas horas as que Anxo Pintos  e compañía puxeron enerxía, boa música e, como non, entretemento.

En realidade, todos os grupos da pasada noite animaron aos folkies que ateigaban o recinto da Alameda. Logo de que a banda galega agasallase ao público con varios bises, a Brian Finnegan Big Band foi quen de manter o gran ambiente que deixaran os galegos co seu recital. E de Irlanda a Bretaña da man de David Pasquet group. O músico e a súaBruno Area banda fixeron bailar aos folkies coa que sería a actuación que dese paso á derradeira de noite, The Urban Folk Quartet.

Neste momentos, comézase a preparar o que será a noite de clausura do escenario Estrella Galicia. O grupo galego The Crass, que serán os encargados de pechar a noite, chegaron hai escasos minutos a Ortigueira e nestes intres estánse a preparar para que dean comezo as probas de son. Luar na Lubre e os americanos The Elders son dous das cinco bandas coas que os festivaleiros disfrutaran na derradeira xornada de festa.

Fotos: Bruno Area

 

Publicado en Concertos, Novas, O Festival a fondo | Deixar un comentario