O Festival Ortigueira preséntase este mércores en Madrid

Un ano máis a Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur, é o lugar elixido para presentar a nova edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Dos 1.293 metros cadrados que Turgalicia terá para promocionar o turismo galego, Ortigueira ocupará un bo espazo. De feito, o vindeiro mércores 18, o mesmo día da inauguración do evento, o Festival de Ortigueira fará a presentación oficial dalgunhas das novidades que este ano poderán ver os festivaleiros que se acheguen á vila ortegana.

Unha das novidades xa a coñecemos. O Festival terá lugar unha semana despois do que viña a ser habitual nos últimos anos, para así facilitar a asistencia dos estudantes universitarios. Deste xeito, a edición do 2012 serán os días 12, 13, 14 e 15 de xullo.

Conforme se vaia coñecendo algo máis ireivos informando. Polo momento, deixovos un vídeo dun grupo que descubrín hai ben pouco. Chámase Kasír e son tres rapaces daneses que comezaron a súa andaina na música celta hai escasos cinco anos. O seu estilo poderíase definir como “música popular irlandesa contemporánea” grazas ao contacto que os tres membros do grupo tiveron sempre con outras músicas como a folkórica, a clásica ou o funk  e o rock. Así, os danesese Kasír, aínda que contan no seu repertorio con obras tradicionais, crean as súas propias cancións con ese estilo tan marcado.

Esta entrada foi publicada en Novas, Quentando motores.... Ligazón permanente.

2 respostas a O Festival Ortigueira preséntase este mércores en Madrid

  1. lois di:

    propoño a schelmish para o festival diste ano, ten que ser un directo salvaxe

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s