Quedan soamente dúas semanas para que na Bretaña francesa comece o xa mítico Festival Intercéltico de Lorient. E hai que recordar que o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira está moi ligado a Lorient. Aló pola década dos 70, nunha das primeiras edicións do tan afamado festival, gaiteiros de Escola de Gaitas de Ortigueira chegaron a Lorient. Así, logo de veren a calidade de tal evento, o Festival de Ortigueira sería nado desa visita. Por iso, podemos dicir que o Lorient é a cuna do Festival de Ortigueira.
E este ano estaremos moi ben representados no Intercéltico. A Escola de Gaitas de Ortigueira é unha das bandas galegas que formará parte do cartel. Un cartel repleto de agrupacións chegadas dende os paises celtas. Fred Morrison, Gwendal, Jacky Molard, La Bottine e Skolvan. Estes son nomes que para o Festival de Ortigueira xa son coñecidos e que este ano forman parte da programación de Lorient.
Pero Galicia en xeral estará moi ben representada nesta 40 edición do festival. Folk Branhas, Cantigas da Terra, Coanhadeira e Milladoiro serán as bandas que, xunto coa Escola de Gaitas de Ortigueira, fagan soar a música galega na Bretaña francesa.