A Escola de Gaitas na súa liña: inigualables.

Marful deu o que prometeu horas antes. O grupo galego fixo que o público vibrase coa súa música, do mesmo xeito que as letras si conseguiron chegar aos alí presentes. Aínda pegaba o sol, pero na Alameda ortegana estábase a comezar o que se prevé unha gran noite de música.

Pero deixaba o escenario Marful e era o turno da Escola de Gaitas de Ortigueira . Hai menos dunha hora o público entregábase ante a maxestuosidade da banda ortegana. A xa mítica “Polca para Pucho”, adicada ao seu compositor, alí presente, Ernesto Campos, e a “Muiñeira do Albariño” foron algunhas das pezas que a Escola de Gaitas, baixo a dirección de Rodrigo López, executaron rozando a perfección. Para rematar, o Himno Galego e un inesperado bis, “Na beira” e “Quen teña viño”. Cabe destacar a participación do corpo de baile da agrupación e a colaboración das tres cantareiras da Central Folque de Santiago.

Nestes intres, Ortigueira baila ao son de Orion.

2 comentarios en “A Escola de Gaitas na súa liña: inigualables.

  1. Marta

    Moitas grazas María, e grazas a xente que coma ti, desfruta cada ano das nosas actuacións, que se emociona con nosco e baila cos nosos sons.
    Grazas a todos vos, vemos recompensados todolos nosos esforzos.

    Un bico e unha aperta.

  2. maribel

    Moitas grazas polo teu escrito, que nos da ánimo para seguir facendo desfrutar ós asistentes do festival coa nosa música e o noso baile, xa sabes que a Albariño é para ti. Moitos bicos
    O ano que ven, máis e mellor

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s