Quen gañará o Proxecto Runas’11?

Logo da presentación oficial da nova edición do Festival só queda esperar 9 días para que dea comezo. Os grupos participantes do Proxecto Runas volverán a ser este ano os encargados de abrir os concertos do escenario Estrella Galicia. Hai varios meses os internautas tivéstedes a oportunidade de votar polo voso grupo favorito e, logo diso, un xurado composto por músicos, técnicos e axentes musicais, remataron por decidir que grupos serían os finalistas que puidesen obtar a formar parte do cartel do Festival do vindeiro ano. Dese xeito, Riveira, Stolen Notes e Ulträqäns foron as bandas gañadoras da fase de selección.

Agora eu pregúntovos:

Mañá será a presentación oficial da nova edición do Festival

Autor: Diego Péres DopicoXa está pechado o cartel do XXVII Festival do Mundo Celta. Mañá, ás 12 do mediodía, terá lugar a presentación oficial desta nova edición. O Telecentro de Ortigueira será o lugar elixido para dar a coñecer as novas das que os festivaleiros poderán disfrutar este ano. Ademais, dita presentación poderá seguirse dende as aulas Cemit de Santiago, A Coruña, Vilagarcía de Arousa e Castro Caldelas.

No referente aos grupos participantes, cabe destar que este ano volven ao escenario de Estrella Galicia os grupos galegos Berrogüeto e Luar na Lubre. Para o primeiro será a cuarta vez que formen parte do Festival (xa estiveron no ano 1998, 2002 e 2006), pero este ano non podían faltar. Logo de gravar o seu novo disco, Kosmogonías, chegan a Ortigueira para presentar ese traballo co que xa conseguiron o Premio da Música á mellor canción por “Alalá da noite”. Pola súa banda, para Luar na Lubre será a terceira vez que actúe en Ortigueira (formaron parte do cartel nos anos 2001 e 2005) e chegan, coma Berrogüeto, para presentar o seu novo disco, Solsticio.

Polo demais, son todo novidades para Ortigueira, agás o grupo galego The Crass, gañadores da pasada edición do Proxecto Runas, e a Escola de Gaitas de Ortigueira que volverá a ser a encargada de abrir a música da noite do venres.

E, polo de agora, nada máis. Seguimos pendentes de calquera nova que xurda estes días. Ídevos preparando porque a nova edición do Festival xa está aí.

Quedan 10 días.