A montaxe do escenario Estrella Galicia dá comezo

Bruno AreaEstamos xa a 4 días de que dea comezo a nova edición do Festival de Ortigueira e a montaxe do escenario Estrella Galicia xa está posta en marcha dende primeiras horas desta mañá. Un traballo que, sen ningunha dúbida, é chave para o bo transcurso das xornadas de música na vila. Por este escenario pasaron xa grandes bandas e solistas de música folk e celta, como poden ser Shooglenifty, The Chieftains ou La Bottine Souriante, ademais dos galegos (e xa míticos en Ortigueira) Milladoiro, Xosé Manuel Budiño e Carlos Núnez. Pero este ano, no marco do “Ano da música galega”, as principais bandas do cartel serán da nosa terra. Berrogüetto e Luar na Lubre son, sen dúbida, dous das pezas chave da programación deste ano.  Seguir lendo “A montaxe do escenario Estrella Galicia dá comezo”