A montaxe do escenario Estrella Galicia dá comezo

Bruno AreaEstamos xa a 4 días de que dea comezo a nova edición do Festival de Ortigueira e a montaxe do escenario Estrella Galicia xa está posta en marcha dende primeiras horas desta mañá. Un traballo que, sen ningunha dúbida, é chave para o bo transcurso das xornadas de música na vila. Por este escenario pasaron xa grandes bandas e solistas de música folk e celta, como poden ser Shooglenifty, The Chieftains ou La Bottine Souriante, ademais dos galegos (e xa míticos en Ortigueira) Milladoiro, Xosé Manuel Budiño e Carlos Núnez. Pero este ano, no marco do “Ano da música galega”, as principais bandas do cartel serán da nosa terra. Berrogüetto e Luar na Lubre son, sen dúbida, dous das pezas chave da programación deste ano. 

Un imprevisto de última hora é a baixa do grupo chileno Riveira que, pola imposibilidade de correr cos gastos da pasaxe ata Galicia, non poderán participar no Proxecto Runas do que quedaron finalistas. Hoxe o mesmo grupo declaraba antes os medios de comunicación que “ter que excusarnos polo noso país foi moi doloroso”, tendo en conta que dende que souberon que poderían participar no noso FestivalBruno Area comezaron unha campaña para contar co apoio económico tanto da administración pública como de institucións privadas. Dese xeito, declaraban que “logo dun mes de reunións e peticións de auspicios, non se chegou a bo porto”, tanto “dende o Ministerio de Cultura ata cada unha das municipalidades da provincia de Marga Marga e Valparaíso, incluíndo un importante número de empresas privadas”.

Así, o Proxecto Runas deste ano só contará con dous finalistas, os galegos Ulträqäns e os andaluces Stolen Notes. Ademais, na noite do xoves tamén terán presenza os galegos Oscar Ibáñez & Tribo e os escoceses Skerryvore.

Sen máis, Ortigueira segue en preparativos para que todo estea a punto nesta nova edición do Festival.

Fotos: Bruno Area

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s