Capítulo 1: a mañá do martes en Ortigueira

Para que vexades como estaba esta mañá Ortigueira, aquí vos deixo un vídeo do meu compañeiro Bruno Area.

Só faltan dous días

Bruno AreaHoxe martes, a tan só dous días de que dea comezo o Festival, a praia de Morouzos vai collendo cada vez máis cor a mundo celta. Non faltan os “chiringos” ao pé do camiño de madeira que percorre o piñeiral e os fornos de barro que, para os que adoitan visitar a acampada neses días, xa son máis ca míticos. Se te achegas a Morouzos tampouco vas pasar fame; decenas de postos e vendedores ambulantes ofrecen dende empanada galega ata a típica paella valenciana (que vos aseguro ten moi boa pinta).

Bruno Area

Por outra banda, o escenario Estrella Galicia está case a punto. Hoxe rematará a súaBruno Area montaxe, mentres que mañá serán os técnicos de son e iluminación os encargados de pór todo en marcha para que o xoves os finalistas do Proxecto Runas podan dar comezo ás noites de música na vila. Ademais, os stands da feira de artesanía están esperando a encherse de todos eses traballos manuais nos que tantas horas hai postas e dos que a xente que visita Ortigueira ten oportunidade de ver e, o que é máis importante, mercar. Non faltan tampouco os “toldos” da Alameda e dos Xardíns do Malecón que se encargan de quitar a sede aos milleiros de persoas que chegan á vila para disfrutar de boa música.

Ortigueira só está a agardar por vós.

Fotos: Bruno Area

Esta noite en Mourozos xa “durmen” moitos festivaleiros

Se a Alameda de Ortigueira comeza a estar a punto, nin que dicir ten como está xa o pinarBruno Area de Morouzos. Ben é certo que a finais da semana pasada xa se podían ver as primeiras tendas, ao igual que as primeiras “aglomeracións” nos principais supermercados da vila, pero hoxe na praia si que se podía respirar o ambiente de Festival. Os festivaleiros  máis precabidos xa tomaron os mellores lugares do arenal mentres que outros non correron tanta sorte. Algúns deles non puideron acceder á praia e así poder deixar “todo o traballo de moitos meses;pulseiras, bolsos de coiro…”, como ben dicían; e é que, chegaron poucas horas despois de que Protección Civil tomase os principais puntos de acceso ao pobo e á praia e así regular a circulación dos vehículos e emprego dos aparcadoiros.

Bruno AreaAsí que xa sabedes, o pobo xa está pechado, ao igual que o acceso á praia, polo que vinde con forzas para facer unha boa camiñata ou esperade ao xoves, día no que se porá en marcha o servizo de autobuses, como adoita ser habitual.

Fotos: Bruno Area