Capítulo 2: a véspera do Festival en Morouzos

Bruno AreaOs folkies aproveitan os servizos especiais que, tanto FEVE como Arriva, poñen a disposición dos visitantes. Dese xeito, chegaban esta tarde a Ortigueira centenares de persoas, o que facía difícil o acceso en coche á praia. Ademais, hoxe á tarde comentaba un comerciante ortegano que “non se vía o final da cola do supermercado”;  e é que, segundo as traballadoras do mesmo, este é o ano que máis cedo chegaron os festivaleiros, tendo xa moito traballo dende mediados da semana pasada.

Agora si que quedan menos de 24 horas para que dea comezo a XXVII edición do Festival Ortigueira. Os Runas deste ano serán os encargados de abrir as xornadas de múscia do escenario Estrella Galicia,  seguidos de Oscar Ibáñez & Tribo e os escoceses Skerryvore. Pero antes diso, ás 20 horas terá lugar a inauguración musical na Praza de Isabel II, coa Escola de Gaitas de Ortigueira e demáis agrupacións.

Bruno Area

Non esquezades tampouco que no Centro de Recepción de visitantes (no paseo marítimo) atópase a exposición fotográfica “Fotografía X”, de Kiko Delgado. Esta presenta o traballo do fotoxornalista da Axencia EFE e do Correo Gallego no Festival de Ortigueira na última década.

Déixovos un novo vídeo do meu compañeiro Bruno Area no que podedes ver como está o piñeiral de Morouzos.

Fotos: Bruno Area

Os folkies seguen chegando a Ortigueira

Bruno AreaNótase que estamos a menos de 24 horas de que dea comezo o Mundo Celta. A acampada de Moruzos xa non é o que era hai dous días ou incluso do que era onte á mañá. Continúa a chegar xente, aínda que todos sabemos que o día do “desembarco” total será o venres. Decenas de persoas percorren os supermeracados da vila para voltar ao piñeiral. Algúns obtan por botar dalgún “amable taxista”, como dicía unha folkie. Porén, son a gran maioría os que, cargados de bolsas, tendas, cadeiras e ata neveiras eléctricas, camiñan día tras día ata Morouzos empapados desa enerxía que Ortigueira lle dá a todos os seus visitantes.

Pero polos que apostan por un medio de transporte máis rápido, mañá ás 16 horas poraseBruno Area en marcha o servicio de autobuses que conectan os aparcadoiros da Venta e de Cuiña coa Vila e, logo diso, coa acampada de Morouzos. Un servizo que estará dispoñible dende primeira hora da mañá ata altas horas da tarde e que será de balde.

 

Fotos: Bruno Area