Capítulo 3: arranca o Festival do Mundo Celta

Aquí vos deixo un novo videocapítulo do meu compañeiro Bruno Area que recolle o ambiente de Ortigueira na súa primeira xornada.

Os Ulträqäns soan en Ortigueira

Non estaba no certo, os Ulträqäns comezaron á súa hora. Hoxe os concertos arracaban ásBruno Area 22:30 horas. Mañá será cando se adianten unha hora e a Escola de Gaitas de Ortigueira dea os seus primeiros acordes ás 21:30 horas.

Pero parece que a quenda do grupo galego do Runas deste ano xa está a rematar. Agora soamente lles falta saber se a súa enerxía e bo son no escenario lles servíu para convencer ao xurado que, esta mesma noite, fallará o resultado. Ante un público moi animado, a totalidade do grupo aínda conseguiu animalo ben . Dese xeito, os folkies da Alameda brincan ao son duns potentes Ulträqäns. A ver que decide o xurado. Os Stolen Notes están a piques de comezar.

Foto: Bruno Area

Esperando por Ulträqäns

María QuintianaHai apenas media hora que rematou o acto inaugural do Festival. A Escola de Gaitas de Ortigueira, en papel de anfitriona, foi a encargada de abrir e pechar o acto que duraría unha aproximadamente unha hora. Logo de facer resoar a Praza de Isabel II, as tres bandas dirixíronse ao recinto da Alameda, quedando así inauguradas as xornadas de música en Ortigueira. Ao paso das gaitas, mimos en malabaristas apropiábanse, un ano máis, das rúas principais para ledicia de pequenos e maiores.

Agora mesmo terían que estar a soar Ulträqäns pero, como adoita ser habitual, a media horiña de retraso non lla quita ninguén. Sen máis, e esperando que comece a música no escenario Estrella Galicia, seguimos esperando por vós en Ortigueira.

Recordade que mañá Berrogüeto presentará o seu novo álbum, “Kosmogonías” e o sábado será a quenda de Luar na Lubre, que fará disfrutar aos folkies ao son de “Solsticio”.

Xa están case finalizadas as probas de son

Bruno AreaUn pouco antes das 17:30 horas comezaban as probas de son. Os primeiros foron Skerryvore, seguidos de Oscar Ibáñez & Tribo e Stolen Notes. Nestes intres están no escenario os galegos Ulträqäns, que serán os últimos antes de que dea comezo a primeira xornada de música na Alameda.

En menos de media hora dá comezo a inauguración musical deste ano. Os técnicos están a ultimar detalles para que estea todo en orde, mentres que os músicos están afinando as súas gaitas para que os primeiros acordes do Festival sonen o mellor posible.

Segundo as previsións meteorolóxicas o tempo parece que non vai acompañar moito. De todos os xeitos, de seguro non vai impedir que os milleiros de folkies que invaden xa o piñeiral de Morouzos brinquen,ao longo da fin de semana, ao son de grupos coma Berrogüetto ou The Elders.

Foto: Bruno Area

Agora si que si

Xa é o día. Estamos a menos de sete horas de que arranque o Festival. Será ás 20 horas,Bruno Area na Praza de Isabel II, cando a Escola de Gaitas de Ortigueira, a Banda de Gaitas de Ladrido e a Banda de Gaitas de Verín, ademais de grupos e solitas das mesmas agrupacións, dean comezo á nova edición do Festival.

Antes diso, ás 17 horas, abriránse (tamén oficialmente) as casetas da tradicional feira deartesanía, situada no paseo marítimo da vila e a carón dos Xardíns do Malecón, aínda que a estas horas algúns xa están a ensinar os seus traballos. Unha hora máis tarde Bruno Areacomezarán tamén as probas de son do escenario Estrella Galicia. Tanto os Runas Ultraqäns e Stolen Notes coma Oscar Ibáñez & Tribo e Skerryvore, pisarán por primeira vez o escenario de Ortigueira. Nestes intres traballan os técnicos de son e iluminación para que, á chegada das diferentes bandas, estea todo a punto.

Recórdovos que hoxe os concertos comezan unha hora antes có resto dos días, ás 21:30 horas, da man do Proxecto Runas que loitarán para converterse en gañadores esta mesma noite.

Achegádevos a Ortigueira que hoxe si que está todo a punto.

Fotos: Bruno Area