Agora si que si

Xa é o día. Estamos a menos de sete horas de que arranque o Festival. Será ás 20 horas,Bruno Area na Praza de Isabel II, cando a Escola de Gaitas de Ortigueira, a Banda de Gaitas de Ladrido e a Banda de Gaitas de Verín, ademais de grupos e solitas das mesmas agrupacións, dean comezo á nova edición do Festival.

Antes diso, ás 17 horas, abriránse (tamén oficialmente) as casetas da tradicional feira deartesanía, situada no paseo marítimo da vila e a carón dos Xardíns do Malecón, aínda que a estas horas algúns xa están a ensinar os seus traballos. Unha hora máis tarde Bruno Areacomezarán tamén as probas de son do escenario Estrella Galicia. Tanto os Runas Ultraqäns e Stolen Notes coma Oscar Ibáñez & Tribo e Skerryvore, pisarán por primeira vez o escenario de Ortigueira. Nestes intres traballan os técnicos de son e iluminación para que, á chegada das diferentes bandas, estea todo a punto.

Recórdovos que hoxe os concertos comezan unha hora antes có resto dos días, ás 21:30 horas, da man do Proxecto Runas que loitarán para converterse en gañadores esta mesma noite.

Achegádevos a Ortigueira que hoxe si que está todo a punto.

Fotos: Bruno Area

Un comentario en “Agora si que si

  1. churri

    que peniña me da ver a merda na que se convertiu un festival,que xa non existe,agora pasou a ser o gran botellon ao servizo de estrella galicia.Agochados nun falso ecoloxismo e un gusto polo folk,enchemos a vila e o que é moito peor, o piñeiral e a praia, de merda arriscándonos a perdelo pola persimidade de todos,permitindo lumes,fogueiras,e un maltrato a un espazo en teoria tan protexido polo seu valor ecolóxico.Argumentando ser unha gran oportunidade de dar a coñecer Ortigueira,botámola a perder,e damos unha imaxe de oportunismo cutre.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s