Skerryvore, os triunfadores da noite

Marta PlatasCoa resaca da primeira xornada musical en Ortigueira, estamos á espera de coñecer o fallo do xurado do Proxecto Runas, xa que ao final será hoxe ás 13:30 horas cando se reunan e decidan cal das dúas bandas é merecedora de formar parte do cartel do Festival do vindeiro ano.

Ulträqäns, para moitos, os mellores da noite. O lider da banda soubo meterse no peto ás milleiras de persoas que brincaban na Alameda; e todo isto cunha música enérxica e que verdadeiramente soaba a Festival. Quizais demasiado rockeiros, pero o que é certo é que o público recolle moi ben eses novos sons que, pouco a pouco, van internándose nas bandas folk e celtas. Stolen Notes estiveron correctos, bo son e boas cancións, pero quizais demasiado tranquilos paraMarta Platas Ortigueira. Eles mesmos dicían ser na súa terra, Andalucía, “los bichos raros”, pero (e pese á súa tranquilidade no escenario) non o foron aquí, no Mundo Celta.

Pola súa parte, Oscar Ibáñez e a súa banda Tribo tiveron os seus altibaixos. Comezaron o concerto moi calmados, con dúas pezas coas que o público de Ortigueira non puido facer o que mellor sabe, bailar sen parar. De todos o xeitos, tamén tiveron os seus momentos alxidos, sobre todo conforme ía chegando o final da actuación, momento no que si souberon levantar ao recinto da Alameda.

Marta PlatasPero Skerryvore foi a mellor elección para o fin da primeira xornada de festa. Se ao comezo da noite Ulträqäns puxeran en pé aos folkies, a banda escocesa aínda o fixo máis. Os Skerryvore, que actuaron no momento no que o recinto estaba máis repleto, puxeron a guinda musical da noite; e é que, o son da gaita escocesa gusta moito en Ortigueira e a gran técnica do seu gaiteiro fixo enlouquecer aos festivaleiros. A banda, que debutou en Ortigueira,  de seguro volverá formar parte do cartel en vindeiras edicións.

Bo comezo pois da primeira xornada de festa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s