Stolen Notes presenta ao seu novo guitarrista

Hoxe o grupo andaluz Stolen Notes, gañadores da pasada edición do Proxecto Runas, presentaron ao seu novo guitarrista, Koke Folgueira, vía Facebook. Nesta presentación déronlle “as grazas a Juanma Redondo polas súas aportacións ao grupo todos estes anos”.

Así, Koke Folgueira, asturiano afincado en Cádiz, guitarrista e bouzukista, fundador de
grupos como Baladrán, Boj ou Sete Raposos,  incorpórase á primeira banda confirmada da vindeira edición do Festival Ortigueira.

Stolen Notes, formado por Alejo Parra á gaita irlandesa, Jose Moreno ao bodhrán e á frauta Wtson, Juan J. Almaraz á frauta irlandesa e, dende hoxe, por Koke Folgueira á guitarra e ao bouzuki, reinterpretan unha coidada selección de melodías tradicionais irlandesas e doutros países do Arco Atlántico, pero sempre moi actualizadas. Ademáis, tamén incorporan composicións de seu, algo que de seguro poderemos ver no seu vindeiro traballo, un traballo no que xa están postos en marcha.