O Festival Ortigueira preséntase este mércores en Madrid

Un ano máis a Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur, é o lugar elixido para presentar a nova edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Dos 1.293 metros cadrados que Turgalicia terá para promocionar o turismo galego, Ortigueira ocupará un bo espazo. De feito, o vindeiro mércores 18, o mesmo día da inauguración do evento, o Festival de Ortigueira fará a presentación oficial dalgunhas das novidades que este ano poderán ver os festivaleiros que se acheguen á vila ortegana.

Unha das novidades xa a coñecemos. O Festival terá lugar unha semana despois do que viña a ser habitual nos últimos anos, para así facilitar a asistencia dos estudantes universitarios. Deste xeito, a edición do 2012 serán os días 12, 13, 14 e 15 de xullo.

Conforme se vaia coñecendo algo máis ireivos informando. Polo momento, deixovos un vídeo dun grupo que descubrín hai ben pouco. Chámase Kasír e son tres rapaces daneses que comezaron a súa andaina na música celta hai escasos cinco anos. O seu estilo poderíase definir como “música popular irlandesa contemporánea” grazas ao contacto que os tres membros do grupo tiveron sempre con outras músicas como a folkórica, a clásica ou o funk  e o rock. Así, os danesese Kasír, aínda que contan no seu repertorio con obras tradicionais, crean as súas propias cancións con ese estilo tan marcado.

2 comentarios en “O Festival Ortigueira preséntase este mércores en Madrid

    1. Pois parece ser que este ano os internautas poderán propoñer os seus grupos a través das redes sociais (sobre todo Facebook).. Así que anda atento e propón a Schelmish e a ver se hai sorte e veñen a Ortigueira! 😉 Un saúdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s