Aínda non o creo, por moito que xa teña todo case preparado. O certo é que tampouco había moito que preparar. E o digo porque para min falar da Escola de Gaitas de Ortigueira é moi sinxelo: soamente teño que expresar todas as emocións que a Escola e o Festival me teñen feito sentir dende que tiña 3 anos.
E é que, amigas e amigos, non sabedes o pracer que é para min contarvos que o vindeiro
venres ás 22.30 horas farei realidade un de cantos soños andan pola miña cabeciña: volverei subir ao escenario de Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, pero esta vez para presentar á Escola de Gaitas de Ortigueira. Que orgullo tan grande, e máis tendo en conta que se trata dunha data tan sinalada, porque a Escola está de 40 aniversario e o Festival cumpre 20 anos dende que comezara a súa segunda etapa, 8 anos despois sen se ter celebrado.

Nin vos imaxinades o que sentín cando o pasado sábado lin as mensaxes de Bruno, o presidente; e de Rodrigo, o director. Foi un cúmulo de emocións das cales, catro días despois, sego sen ser capaz de desfacerme. Levan acompañándome toda esta semana aquí, en Barcelona; e de seguro estarán presentes o venres, sábado, domingo e durante moitos días máis. E é que para min é un pracer moi grande presentar á Escola, e aínda o é máis no Mundo celta. E os que me coñecedes o sabedes moi ben. O certo é que hai dous anos tiven a oportunidade de facelo no marco do Concerto Solidario en favor de Médicos Sen Fronteiras que a Escola celebrou no Teatro da Beneficencia. Pero nesa ocasión representando á ONG e polo tanto, non podendo expresar todo o que sinto pola Escola de Gaitas e polo Festival.
Intentarei estar á altura da Escola de Gaitas e do pobo de Ortigueira. Sei que non son Carlos Blanco, pero farei o que poida! 😉
Moitas grazas, unha vez máis á Escola, por ter confiado en min para presentar un concerto tan especial.
Déixovos o concerto íntegro do ano 2013 para que vos vaiades preparando. 🙂