Ortigueira’11: en preparativos

Amigos e amigas, estamos a menos de dous meses de que dea comezo unha nova edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Como adoita a ser habitual a estas alturas do ano, os preparativos xa están en marcha.

Os interesados en participar na Feira de Artesanía do noso Festival non vos esquezades de que as prazas son limitadas. O prazo para inscribirse é do 20 ao 29 de Xuño. Andade atentos. E por outra banda, o Proxecto Runas xa está en marcha. Foron moitos internautas os que xa votaron dende a Web do Festival para que o seu grupo favorito poida formar parte do Cartel do Runas’11. Votade vós tamén.

Isto é todo. Espero en vindeiros post poder achegarvos algunhas novas.

Deixovos un video dun momentazo do desfile de bandas da edición pasada.

O xurado falla a favor do grupo vigués The Crass

O Proxecto Runas xa ten gañador. Os vigueses The Crass foron o grupo que levou maior puntuación dun xurado con representantes da Escola de Gaitas de Ortigueira, técnicos de producción e son do Festival e xornalistas.

The Crass é unha banda que mestura músicas. Dende o folk máis galego, pasando polo jazz ou pola música irlandesa, son algúns dos estilos que compoñen o son do gañador da décima edición do Proxecto Runas.

O ano que ven o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira contará coa súa presenza no escenario de Estrella Galicia.

The Crass en Youtube