A noite do venres…

“Me he calmado un poco, pero la energía fluye cada día más”. Estas foron algunhas das palabras que Cristina Pato pronunciou diante da cámara de “La voz móvil”. A gaiteira galega non estaba a mentir. Un concerto ben diferente ao que nos tiña acostumados. Unhas composicións cun certo aire contemporáneo. Bos músicos e bo son, pero un programa demasiado tranquilo para os alí presentes. Ainda así, Cristina Pato soubo pór nalgúns intres o punto musical que fai uns anos a caracterizaba: unhas pezas moi enérxicas e galegas que, tanto ela como a súa banda, disfrutaban baixo o delirio dos alí presentes. Ademais, Rosa Cedrón, ex-vocalista de Luar na Lubre, tivo presenza no escenario, ambientando a Alameda ortegana coa súa xa recoñecible voz.

Cristina Pato marchaba, pero Afterhours e os cataláns Qui hi ha? serían os encargados de pór música ás últimas horas da xornada de festa. Un son plenamente celta foi o que Afterhours amosou en Ortigueira. Pola súa banda, o banda Qui hi ha? pechou a noite cunha actuación moi enérxica.

A Escola de Gaitas na súa liña: inigualables.

Marful deu o que prometeu horas antes. O grupo galego fixo que o público vibrase coa súa música, do mesmo xeito que as letras si conseguiron chegar aos alí presentes. Aínda pegaba o sol, pero na Alameda ortegana estábase a comezar o que se prevé unha gran noite de música.

Pero deixaba o escenario Marful e era o turno da Escola de Gaitas de Ortigueira . Hai menos dunha hora o público entregábase ante a maxestuosidade da banda ortegana. A xa mítica “Polca para Pucho”, adicada ao seu compositor, alí presente, Ernesto Campos, e a “Muiñeira do Albariño” foron algunhas das pezas que a Escola de Gaitas, baixo a dirección de Rodrigo López, executaron rozando a perfección. Para rematar, o Himno Galego e un inesperado bis, “Na beira” e “Quen teña viño”. Cabe destacar a participación do corpo de baile da agrupación e a colaboración das tres cantareiras da Central Folque de Santiago.

Nestes intres, Ortigueira baila ao son de Orion.

Nova noite de boa música

Ortigueira está a poucos minutos de que comecen a soar os primeiros acordes de Marful. Este grupo galego autodefínese como unha banda de ultramar que conta cun estilo de música popular urbana, con inspiración das músicas dos cafés cantantes, das primeiras orquestras de jazz e de diferentes xéneros da música folk.

Ugía Pedreira, a súa vocalista, falounos do seu próximo traballo: ” trátase dun disco no que o subrrealismo estará moi presente,do mesmo xeito que a plasmación das nosas vivencias e reminiscencencias ao Brasil e Cuba”. Do mesmo xeito, tamén nos falou da súa presenza no cartel do Festival como que é un acto “xusto é necesario, xa que, no meu caso, tócame tocar na comarca onde eu nacín”. Respecto ao directo de Marful, a súa vocalista quixo apuntar que “nós non demostramos nada, simplemente mostramos a música que facemos estas catro individualidades, xa que cada unha delas temos un curriculum diferente e ecléptico, pero que os catro xuntos crean un son marfuliano. E Marful vai facer música de baile e intentar que a xente mova os pés o o corazón”.

Festivaleiros, unha nova noite de boa música está a piques de dar comezo. Logo de Marful, tomará escenario a Escola de Gaitas de Ortigueira, seguida de Orion, Cristina Pato, Afterhours e Qui hi ha?.

Ortigueira está xa posta en marcha

E por fin milleiros de persoas disfrutaron ao son da música de Ortigueira. Krêposuk daba comezo ao fervor musical do recinto da Alameda. “Esto si que es música del Festival” é o que dicía unha veciña da vila cando o grupo bretón levaba case xa unha hora facendo vibrar aos asistentes. E é que deron o que prometeron. Moita enerxía e boa música. Un estilo rock pero marcado fortemente polas raíces celtas. Krêposuk soaba a Festival.

Pero pasadas as doce da noite, o público agardaba á única banda española da noite do xoves. Celtas Cortos, que foron, sen dúbida, a maior sorpresa do cartel de este ano, entregáronse a Ortigueira. Do mesmo xeito, a colaboración da banda coa gaiteira Susana Seivane foi un dos momentos máis alxidos da actuación.

E a noite remataba, pero con boa compaña. A mítica banda inglesa Oysterband soubo, unha vez máis, mezclar á perfección o estilo rock con chamadas a música á que o público de Ortigueira está acostumado a disfrutar: a música celta. Para iso, Susana Seivane voltaba ao escenario da man dunha Oysterband máis galega que nunca.

Pero hoxe a noite será moito máis longa. Marful abrirá o escenario Estrella Galicia para dar paso á Escola de Gaitas de Ortigueira. Orion, Cristina Pato, Afterhours e Qui hi ha?, gañadores do Proxecto Runas do pasado ano, serán logo os encargados de pór a banda sonora da noite do venres do Festival.