Os Cempés, Kan e Gwendal cabezas de cartel da XIX edición do Festival Ortigueira

Fíxose esperar pero por fin se coñeceu a semana pasada o cartel completo da nova edición do Mundo Celta. Esta é a programación completa, que pasarei a comentar.

Programación Festival11 de Xullo

O xoves, que dende hai uns anos se ten convertido na noite do Proxecto Runas, este ano contará cunha banda de luxo para pór o fin de festa. Os ferroláns Os Cempés volven pisar o escenario do Festival Ortigueira por terceira vez na súa historia (xa estiveran nos anos 1996 e 2004) para presentar o seu quinto disco, Tentemozo. Este novo traballo, que saía á luz en maio do pasado ano, convértese nun agasallo polos 20 anos transcurridos dende o seu primeiro concerto oficial. Os Cempés aseguran que “atoparon novos camiños sonoros e recrean con novos timbres o seu propio sonido característico e único”. Sen dúbida, os ferroláns caldearán o ambiente da primeira noite de festa en Ortigueira.

12 de Xullo

Vaia noite a do venres… A posta en marcha estará a cargo do grupo coruñes Birimbao, que debuta en Ortigueira co seu traballo “Nena do mare”. De seguido, a Escola de Gaitas de Ortigueiraa gran anfitriona do Festival, de seguro fará vibrar e emocionar á gran maioría dos alí presentes.

E logo, dúas das grandes apostas deste ano: as bandas irlandesas Kan e Guidewires. Que dicir de Kan? Cuarteto encabezado polo frautista Brian Finnegan e Aidan O’Rourke, que foran líderes de dúas das bandas máis importantes do folk irlandés, Flook e Lau, presentarán o seu novo traballo en Ortigueira: Sleeper. Cunha calidade musical indubidable, porán en pé ao público ortegano. Pero “o son máis fresco na música irlandesa” tamén tomará as riendas dos festivaleiros, ou iso intentarán. Guidewires está considerada como unha das bandas máis creativas do folk actual e, ademais, é unha das bandas irlandeses máis solicitadas do momento. Prometen unha actuación cargada de enerxía repasando os temas dos seus dous traballos, “Live” e “II”. Non volo podedes perder… (eu de seguro que non).

Para pechar a noite quedámonos en Galicia, máis concretamente, en Vigo. Begoña Riobó, que se ten convertido na primeira violinista folk galega en liderar a súa propia banda, chega a Ortigueira acompañada de catro recoñecidos músicos galegos que, todos eles, forman Riobó. Así, o escenario Estrella Galicia pechará a noite do venres con melodías tradicionais galegas arranxadas con “fórmulas interpretativas actuais”.

Déixovos un vido da banda Kan tocando o tema Night Ride no Celtic Conections do ano 2010

 

13 de Xullo

Se a noite do venres pintaba ben, a do sábado creo que aínda máis. O ortegano Kike Otero abrirá a noite coa súa Banda Crebinsky e, posteriormente, será a quenda da Bagad Glazik Kemper, de Bretaña. A terceira actuación da noite virá a cargo da Dominic Graham School of Irish Dance, que encherán por segunda vez o escenario de Ortigueira (2006) coas complexas coreografías que realizan para elevar a disciplina ao máis alto nivel.

E de coreografías directamente á tres derradeiras actuacións do escenario Estrella Galicia da XIX edición. Tres grandes bandas: Dán, Gwendal e Harmonica Creams. Falar de Dán é falar da macrobanda que, sen dúbida, fará vibrar aos festivaleiros. Escocia, Irlanda e Inglaterra estarán representadas no escenario xa que Dán é un novo proxecto nado da unión de músicos destas tres nacionalidades, ao mesmo tempo que de tres grandes bandas: Guidewires, Kan e Breton Quartet, e a vocalista Alyth McCormack

Por segunda vez actuará no Festival Ortigueira os míticos Gwendal, que é a cabeza de cartel desta edición. Debutaban no noso Festival no ano 2006 e este ano non podían faltar tendo en conta que están a celebrar o seu 40 aniversario. Así, unha mestura de folk, jazz, rock e música clásica soará en Ortigueira da man da banda bretona, que repasará o mellor da súa ampla discografía, que acumula xa dez álbumes de estudo e varios recopilatorios.

Gwendal interpretando Joke, un dos temas do seu último disco de estudio

E para pechar con festa asegurada, subiranse ao escenario Estrella Galicia os grandes triunfadores da pasada edición do Proxecto Runas e, para moitos, da edición en xeral: os xaponeses Harmonica Creams.

Nada máis, a prepararse porque quedan soamente 21 días para que dea comezo o XIX Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Recordade que é unha “cita ineludible do verán”

😉

 

Aberto o prazo para as votacións en liña do Proxecto Runas 2013

Dende o pasado día 12 de abril activouse o proceso para que os internautas podades formar parte da elección dos grupos emerxentes que formarán parte do Proxecto Runas de este ano. Os votos en liña servirán para que, xunto aos votos do xurado especializado, se decida cales serán os tres grupos que actúen na XXIX Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Como ben sabedes, o Proxecto Runas é unha propoposta nada no ano 2000 da man do Concello de Ortigueira como unha estratexia de promoción de grupos noveis. As bandas preséntanse a concurso, pasan un proceso de selección e, unha vez queden seleccionados (que adoitan ser tres grupos), actúan na noite Runas dese ano. A través desas actuacións o xurado falla a favor dun, que ademais de recibir unha recompensación económica, convértese directamente na primeira banda confirmada para actuar no escenario Estrella Galicia da seguinte edición do Mundo Celta.

Nesta ocasión, a primeira fase de selección pasárona 10 grupos. Un dato a destacar é que é a primeira vez que unha banda bretona figura na lista de seleccinados. Trátase do grupo Skarn, que de momento leva 115 puntos a favor. A lista a completan os seguintes grupos: Autodate folk band (Canarias) con 2035 puntos, Boc (Illas Baleares) con 548, Excómunion (Castela e León) con 174, Manuel Galán e Jesús Cid Quinteto (Castela e León) con 300, Folk on Crest (Castela e León) con 1996, Ruaille Buaille (País Vasco) con 1351, Sigulka (Madrid) con 139, Solana (Cominidade Valenciana) con 149 e os galegos Guezos con 1344.

Deste xeito, para formar parte do proceso de selección das bandas do Proxecto Runas, soamente tendes que ir á páxina oficial do Festival Ortigueira facendo click AQUÍ.

Poderedes escoitar os diferentes grupos, acceder á súa ficha técnica e logo votar polo voso favorito. Eu xa o fixen! 😉

Animádevos pois a participar nas votacións do Proxecto Runas e así entre todos conformaremos o cartel da primeira noite de festa en Ortigueira, que será a do xoves día 11 de xullo. Así que, elixide ben.

Convocado o Proxecto Runas 2012

O Proxecto Runas volve ao Festival Ortigueira. Onte sairon as bases para o concurso que sirve como plataforma para dar a coñecer a grupos emerxentes do folk e do celta de todo o mundo. De todas as bandas que se presenten, soamente serán tres as que compitan en directo no escenario Estrella Galicia o xoves 12 de xullo, día no que dará comezo a  XXVIII edición do Mundo Celta.

O proceso de selección será semellante ao das pasadas edicións. Na primeira fase, o comité técnico (designado polo Concello de Ortigueira), elixirá ata quince grupos. Logo disto, a segunda fase de selección correrá da man de axentes musicais, artistas e técnicos, ademáis do voto emitido polos internautas  do 11 ao 25 de abril dende a web do Festival.  Desa segunda fase sairán as tres bandas finalistas e así soamente caberá esperar a que un xurado profesional decida, tras asistir aos concertos, cal é a banda gañadora.

Se queres consultar as bases do Proxecto Runas en castelán pincha AQUÍ. Se prefires facelo en galego faino AQUÍ.

Outras novas

O concurso internacional de carteis para a vindeira edición do Festival Internacional do Mundo Celta xa está en marcha. Trátase de atopar o mellor deseño e convertilo así no cartel promocional do Festival Ortigueira 2012. Esta inciativa xorde como unha oportunidade para que artístas gráficos de todo o mundo poidan proxectar o seu traballo nun dos Festivais de música celta máis importantes de todo o mundo. As persoas interesadas poderán facelo dende o 19 de marzo ao 2 de abril achegando as súas propostas ao Concello de Ortigueira, seguindo as instruccións expostas na páxina web do Festival.

Para ver as bases do concurso de carteis en castelán pincha AQUÍ e para velas en galego AQUÍ.

Ademáis, durante este mes de febreiro os que se achegen ao Centro de Recepción de Visitantes de Ortigueira, situado no Porto da vila, poderán ver a exposición “Ortigueira X”, do fotoxornalista galego Kiko Delgado. Trátase dunha colección de imaxes que retractan a última década do Festival dende a perspectiva do artista, unha mostra que fora estreada a pasada edición do Mundo Celta.  A exposición estará aberta ao público durante todo o mes de febreiro, os luns pola tarde e de martes a sábado de 11 a 14 e de 17 a 20 horas.

 

O Festival Ortigueira preséntase este mércores en Madrid

Un ano máis a Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur, é o lugar elixido para presentar a nova edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Dos 1.293 metros cadrados que Turgalicia terá para promocionar o turismo galego, Ortigueira ocupará un bo espazo. De feito, o vindeiro mércores 18, o mesmo día da inauguración do evento, o Festival de Ortigueira fará a presentación oficial dalgunhas das novidades que este ano poderán ver os festivaleiros que se acheguen á vila ortegana.

Unha das novidades xa a coñecemos. O Festival terá lugar unha semana despois do que viña a ser habitual nos últimos anos, para así facilitar a asistencia dos estudantes universitarios. Deste xeito, a edición do 2012 serán os días 12, 13, 14 e 15 de xullo.

Conforme se vaia coñecendo algo máis ireivos informando. Polo momento, deixovos un vídeo dun grupo que descubrín hai ben pouco. Chámase Kasír e son tres rapaces daneses que comezaron a súa andaina na música celta hai escasos cinco anos. O seu estilo poderíase definir como “música popular irlandesa contemporánea” grazas ao contacto que os tres membros do grupo tiveron sempre con outras músicas como a folkórica, a clásica ou o funk  e o rock. Así, os danesese Kasír, aínda que contan no seu repertorio con obras tradicionais, crean as súas propias cancións con ese estilo tan marcado.

Stolen Notes presenta ao seu novo guitarrista

Hoxe o grupo andaluz Stolen Notes, gañadores da pasada edición do Proxecto Runas, presentaron ao seu novo guitarrista, Koke Folgueira, vía Facebook. Nesta presentación déronlle “as grazas a Juanma Redondo polas súas aportacións ao grupo todos estes anos”.

Así, Koke Folgueira, asturiano afincado en Cádiz, guitarrista e bouzukista, fundador de
grupos como Baladrán, Boj ou Sete Raposos,  incorpórase á primeira banda confirmada da vindeira edición do Festival Ortigueira.

Stolen Notes, formado por Alejo Parra á gaita irlandesa, Jose Moreno ao bodhrán e á frauta Wtson, Juan J. Almaraz á frauta irlandesa e, dende hoxe, por Koke Folgueira á guitarra e ao bouzuki, reinterpretan unha coidada selección de melodías tradicionais irlandesas e doutros países do Arco Atlántico, pero sempre moi actualizadas. Ademáis, tamén incorporan composicións de seu, algo que de seguro poderemos ver no seu vindeiro traballo, un traballo no que xa están postos en marcha.

Xa temos data para o Festival Ortigueira 2012

Boas tardes a todos!

Despois de varios meses volvo para dárvos a que creo será unha boa noticia. E é que xa hai data para a nova edición do Festival Internacional de Música Celta de Ortigueira. A vila encherá as súas rúas de música os días 12, 13, 14 e 15 de xullo de 2012.

A nova data será unha semana máis tarde do que viña a ser habitual. Con isto, a organización intenta facilitar a asistencia de estudantes universitarios, tendo en conta que as tres universidades galegas rematarán os seus períodos de avaliación o sábado 14 de xullo. Non cabe dúbida de que continúan a ser uns días moi próximos aos exames, pero agora o que queda é aplicarse ben e así poder achegarse a Ortigueira a formar parte da que será a XXVIII edición do Festival Internacional de Música Celta.

A banda andaluza Stolen Notes, gañadora do Proxecto Runas 2011, é a primeira confirmada. Subirase ao escenario Estrella Galicia probablemente o día 14, un día no que, de seguro, tamén estarán en Ortigueira grandes músicos do folk e do celta.

Sen máis, agora o único que podemos facer é comezar coas apostas, procurar as xiras das mellores bandas e así poder configurar o noso particular programa para Ortigueira 2012. Eu, fareino.

Capítulo 5: ambiente en Morouzos e Luar na Lubre

Novo vídeo de Bruno Area do sábado na praia e a proba de Luar na Lubre.

Remata a XXVII edición do Festival do Mundo Celta

O grupo galego The Crass foi o encargado de pechar as actuacións do escenario EstrellaMaría Quintiana Galicia deste ano. Ante un recinto da Alameda ateigado de xente, os The Crass puxeron o punto e final ás xornadas de festa na vila. Ademais, os debutantes en Ortigueira, The Elders e as irmáns Searson, animaron a boa noite que se quedou  na vila ortegana.

Pero Luar na Lubre foron os máis aclamados da noite. Tanto cos seus novos temas de “Solsticio” coma cos anteriores, o grupo  levantou aos milleiros de folkies que se atopaban no recinto.

Remataban os grandes concertos pero a clausura desta edición volveu ser da man do desfile de bandas polas rúas da vila ás 12 horas da tarde. Un desfile para o que chegaron bandas de Ourense, Ferrol e Asturias, entre outros.

 

Todo listo para a derradeira noite de festa

Bruno AreaA Praza de Isabel II baila ao son da “Rumba para Susi”, e é que a Banda de Gaitas de Robaleira de Cedeira está a ofrecer un concerto na céntrica praza. Os que se acheguen ata alí poderán disfrutar de gaitas e tambores, acompañados de acordeón e, de vez en cando, ata un teclado. Un bo son para pasar esta soleada tarde en Ortigueira e para abrir boca do que será esta noite a derradeira xornada de festa no Estrella Galicia.

Mentres as bandas de gaitas lle puñan a banda sonora ás rúas da vila, o escenarioBruno Area principal estaba en plenas probas de son. Comezaban a primeira hora da tarde os galegos The Crass, seguidos de Searson e The Elders. E neste mesmo momento son os galegos Luar na Lubre os que están no escenario poñendo todo a punto para que, en poucas horas, arranque o que será unha gran noite en Ortigueira.

Bruno AreaEstá todo preparado, as rúas están ateigadas de xente e a acampada de Morouzos outro tanto. A entrada en Ortigueira en coche comeza a ser un pouco lenta pero non vos preocupedes, a espera asegúrovos que valerá a pena.

Vinde á derradeira noite do Festival do Mundo Celta de Ortigueira.

Fotos: Bruno Area

Gran noite de música

Bruno AreaSe onte vos dicía que a Escola de Gaitas de Ortigueira arrasara co seu concerto, os outros galegos da noite non se quedaron detrás; e é que Berrogüetto saiu triunfante do escenario Estrella Galicia. Foron case dúas horas as que Anxo Pintos  e compañía puxeron enerxía, boa música e, como non, entretemento.

En realidade, todos os grupos da pasada noite animaron aos folkies que ateigaban o recinto da Alameda. Logo de que a banda galega agasallase ao público con varios bises, a Brian Finnegan Big Band foi quen de manter o gran ambiente que deixaran os galegos co seu recital. E de Irlanda a Bretaña da man de David Pasquet group. O músico e a súaBruno Area banda fixeron bailar aos folkies coa que sería a actuación que dese paso á derradeira de noite, The Urban Folk Quartet.

Neste momentos, comézase a preparar o que será a noite de clausura do escenario Estrella Galicia. O grupo galego The Crass, que serán os encargados de pechar a noite, chegaron hai escasos minutos a Ortigueira e nestes intres estánse a preparar para que dean comezo as probas de son. Luar na Lubre e os americanos The Elders son dous das cinco bandas coas que os festivaleiros disfrutaran na derradeira xornada de festa.

Fotos: Bruno Area