Maru, para os amigos.

Ola! Son María Quintiana, aínda que en Ortigueira ando máis por Maru. De feito, non soamente alí na vila, senón que sen darme de conta o meu alcume chegou a lugares tan insospeitados coma Londres ou Barcelona. Así que Maruxa, ese nome tan galego, é o meu. Eiquí e acolá.

Xornalista de carreira, música de nacemento e amante do Festival de Ortigueira de por vida. Esas son tres das cousas que me definen. Por iso abrín este blogue hai 4 anos, para contarvos as novas dese Festival que tantas alegrías (e quebradeiros de cabeza, tamén) me ten dado.

11933408_10153607654687863_8579986831060337989_n

Na edición de 2015 cumprín un sono, de tantos: subir ao escenario Estrella Galicia para presentar o concerto da Escola de Gaitas de Ortigueira no 40 aniversario da formación. Foi un momento único e inesquecible. Por iso, quero seguir vivindo o Mundo Celta o resto da miña vida e, por que non? Seguírvolo contando, á miña maneira.

Graciñas por lerme, amig@s!

Captura de pantalla 2016-01-13 a las 19.31.16

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s